Cousas Veredes | Creadores de contidos
5
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-5,qode-listing-1.0.1,qode-social-login-1.0,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,qode-restaurant-1.0,language-gl,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-13.2,qode-theme-bridge,bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Benvidos á fábrica de comedia galega

Creación de formatos

En Cousas Veredes estamos sempre argallando novas formas de entretemento. Dende o noso show radiofónico Ojo cuidao! ata Galicia Crime, a webserie de humor policial. Non nos importa o medio, o que nos importa é que o pases ben.

Guión

Escribimos a nosa propia comedia. Dende guións para formatos televisivos ata monólogos específicos para eventos. Se precisas alguén que escriba comedia, peta na nosa porta.

Shows

Non podemos sobrevivir sen os escearios así que contamos con varios shows en activo de xira por Galicia. Dende os show de improvisación coma Inmedioteces ou Improvisar e Gañar ata Ojo Cuidao Radioshow, un formato que mestura o teatro coa radio. Bótalle un ollo a todos os proxectos na sección cousas.

Tomámonos a comedia moi en serio

Levamos máis de quince anos subidos aos escenarios, escribindo e interpretando comedia en medios de comunicación e sabedes qué? Non nos cansamos. Por cada momento de incertidume hai dez momentos únicos e irrepetibles. A comedia salva vidas e nos queremos vivir moito tempo ao carón da comedia. Porque a comedia é algo moi serio.

As nosas cousas

Quen somos?

Víctor Grande

Eu son Víctor Grande, cómico zurdo e por se fose pouco, ourensán. Levo dende principios de século tentando sacar sorrisos a base de monólogos e cancións satíricas. Son un fanático das series de televisión, ando sempre cos últimos trebellos tecnolóxicos enriba e disque son algo hipocondríaco.

Pedro Brandariz

Eu son Pedro Brandariz, cómico a tempo completo. Fago monólogos, teatro cómico e clown… o caso é facer rir ó público. As veces a xente confúndeme cunha señora maior pero normalmente as señoras maiores recoñécenme polas miñas aparicións no Luar da TVG. Alimentaríame únicamente de churrasco e polbo á feira.

Oswaldo Digón

Eu son Oswaldo Digón e son cómico porque tómome a vida moi en serio. Compaxino as miñas noites nos teatros madrileños coa escritura e a improvisación teatral. Gústame ordear a roupa de forma cromática e sempre que teño un ratiño debuxo o que vexo.

7

Proxectos en activo

12

cafés ao día

3

mentes sesudas

27

Xeración do 

Contacta con nós

 

Envíanos unha mensaxe a través do formulario ou no correo info@cousasveredes.com. Tamén podes seguir á nosa actividade nas seguintes redes sociais: