Cousas Veredes | INTRODUCIÓN Á TÉCNICA DA IMPROVISACIÓN NAS ARTES ESCÉNICAS
582
post-template-default,single,single-post,postid-582,single-format-standard,qode-listing-1.0.1,qode-social-login-1.0,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,qode-restaurant-1.0,language-gl,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-13.2,qode-theme-bridge,bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

INTRODUCIÓN Á TÉCNICA DA IMPROVISACIÓN NAS ARTES ESCÉNICAS (A CORUÑA)

Impartido por Oswaldo Digón Alba

Datas: sábado 24 y domingo 25 de marzo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00h.

Lugar: Espazo Utópico (Rúa Manuel Deschamps, 5, 15011 A Coruña)

¿A quén vai dirixido?
Maiores de 16 anos con independencia do seu nivel en coñecementos de interpretación.

Grupo: o curso impartirase a un mínimo de 10 alumnos e un máximo de 15.

Matrícula: 60€
O ingreso para á formalización do curso será mediante transferencia bancaria na entidade ABANCA no número de conta de COUSAS VEREDES: ES05 2080 0000 7530 4023 4811 có concepto “CURSO IMPRO” e nome do alumno/a. O ingreso deberá facerse antes do día 22 de marzo.

 

Introducción:
A Improvisación é estar listo para responder a calquera situación que se nos presente e poder seguir adiante a pesar do cambio nas condicións. Dito doutra forma: A única constante na nosa vida é o cambio, polo que a improvisación é parte da nosa vida diaria. O teatro de improvisación é unha técnica específica na cal os actores sen un guión preestablecido nin personaxes creados con anterioridade, crean unha escena con ideas outorgadas polo público. É dicir, que co tempo limitado e cos recursos dispoñibles soamente nese momento, entregan un produto satisfactorio e a medida.

Neste monográfico desenvólvese un primeiro achegamento á técnica da improvisación teatral e de como ese adestramento ensinaranos a alcanzar e a reforzar unha gama de recursos que acheguen respostas efectivas ante a creación de escenas teatrais espontáneas.

OBXECTIVOS:

– COÑECEMENTO E CONSCIENTE DA TÉCNICA DE IMPROVISACIÓN TEATRAL.
– A ESCOITA ACTIVA A FAVOR DA ESCENA
– A REDUCCIÓN DO EGO ESCÉNICO
– FOMENTAR AS COMPETENCIAS COMUNICATIVAS E NARRATIVAS
– DESENVOLVEMENTO DA AFIRMACIÓN COHERENTE
– IMPULSAR A COMUNICACIÓN ASERTIVA DE FORMA RESPECTUOSA E TOLERANTE
– POTENCIAR A CAPACIDADE PROPOSITIVA
– DESENVOLVEMENTO DA INTELIXENCIA SOCIAL
– PROMOVER O PENSAMIENTO CRÍTICO
– INTEGRAR A EXTRAPOLACIÓN DE SIGNIFICACOS

CONTIDOS:

-ESCOITA
-ACEPTACIÓN -CAPACIDADE PROPOSITIVA -DESBLOQUEOS
-A PALABRA IMPROVISADA
– A ACCIÓN
– O PROPOSTAS
– DINÁMICAS DE ESPECTÁLOS DE IMPROVISACIÓN

TEMAS TRANSVERSAIS:

– MEMORIA
– TRABALLO EN EQUIPO
– COMUNICACIÓN ASERTIVA
– CREATIVIDADE
– INTELIXENCIA SOCIAL
– EXTRAPOLACIÓN DE SIGNIFICACOS – MOTIVACIÓN
– PENSAMENTO LATERAL

METODOLOXÍA:

-COÑECEMENTO E MELLORA DA ESTRUTURA NARRATIVA
-O ESPAZO
-O STATUS
-O FOCO
-MOTORES
-FORMULACIÓN -IMPROVISACIÓNS EN ESCENA
– INTRODUCIÓN. Acórdase o que se traballará na clase
– QUECEMENTO. Exercicios de quecemento corporal e mental.
– DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS
– REFLEXIÓN. Exponse en conxunto as experiencias, conclusións e avaliación da xornada.

ACTIVIDADES E TAREFAS PROPOSTAS:
Todas as actividades enfócanse desde o xogo e a súa posterior reflexión e significado dentro do contido do curso e como se poden enfocar no traballo cos alumnos.

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN

Cubre este formulario e porémonos en contacto contigo para formalizar a matrícula.

No Comments

Post A Comment