Cousas Veredes | Nacemos
1
post-template-default,single,single-post,postid-1,single-format-standard,qode-listing-1.0.1,qode-social-login-1.0,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,qode-restaurant-1.0,language-gl,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-13.2,qode-theme-bridge,bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Nacemos

Polo xeral un non lembra cando nace. Nos, de feito, non lembramos nada daquela época, agás algún que outro cheiro ou sensación. Pero hoxe nós nacemos de novo, ou mellor dito, nace a nosa marca común Cousas Veredes.

Hai xa moitos anos que os tres nos coñecemos. Son moitos bolos, moitos cafés, moitas viaxes e moitos proxectos xuntos ata que nos demos conta de que tiñamos que poñernos nome e fixar un rumbo. E iso é Cousas Veredes, a produtora de espectáculos, contidos e formatos que xurde da cabeza de Oswaldo, Pedro e Víctor. Tres cómicos, tres paiasos, tres guionistas, tres galegos, tres tristes tigres.

Nacemos con varios proxectos ás nosas costas. Galicia Crime, a nosa primeira webserie, que acadou un Mestre Mateo no 2017; Ojo Cuidao, o noso programa de radio con público en directo; La Hora Toria, un laboratorio mensual de comedia no centro da Coruña; e os nosos shows de improvisación teatral “Se masca la comedia”.

No futuro virán máis proxectos que xa se están a cocer nos nosos miolos e, por suposto, aqueles dos que nos queirades facer partícipes. Somos guionistas, somos cómicos e somos riquiños. Chámanos e falamos.

“Tres cómicos facendo comedia. Cousas veredes, amigo Sancho.”

No Comments

Post A Comment